segunda-feira, 22 de outubro de 2012

o día que saibamos o que é unha árbore, aquel día non teremos a necesidade de emigrar.


"A árbore é un símbolo do señorío espiritual de Galiza

A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura;

é unha ledicia dos ouvidos, porque nela cantan os paxaros;

é un arrolador do espírito, porque nas súa ponlas conta contos o vento.

A árbore danos a froita, que é un manxar composto polo noso creador, para regadía do noso paladar: O derradeiro ben que nos quedou do paraíso perdido.

A árbore pídelle auga ó ceo para que a terra teña sangue vida e bonitura.

A árbore danos a sombra fresca no verán e a quentura agarimosa no inverno.

A árbore danos as traves, o sobrado e as portas da casa. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa pra baixar á terra.

A árbore danos o papel barato que nos trai a decotío as novas do que pasa no mundo.

Val máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos.

A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario.

As árbores son as minas galegas que nos saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa.

A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade.

Na nosa terra dánse as mellores árbores; o día que saibamos o que é unha árbore, aquel día non teremos a necesidade de emigrar. “

Castelao - Sempre en Galiza 1935




Rosália de Castro - letra
José Niza - Música

Sem comentários: